DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2024 Páx. 61521

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico medio de xestión.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 208, do 25 de outubro de 2024, publicáronse as bases que deben rexer a convocatoria para prover unha praza de técnico medio de xestión, pertencente á escala da Administración xeral, subescala técnica e clase media, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Coles, 25 de outubro de 2024

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde