O Pleno da Corporación do Concello do Barco de Valdeorras, na sesión que tivo lugar o 3 de outubro de 2024, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar de forma definitiva o documento da proposta final do estudo de detalle sur 9 desta localidade, que foi redactado pola OAU Oficina de Arquitectura, Urbanismo e Planificación, S.L.P., e os seus redactores son Juan Antonio Caridad Graña, arquitecto colexiado 2.170 do COAG, e Isidro López Yánez, arquitecto colexiado 2.261 do COAG, promovida pola mercantil Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A. (en diante, Canvives) con CIF A85527604.
O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
O Barco de Valdeorras, 30 de outubro de 2024
Alfredo Laudelino García Rodríguez
Alcalde
