O 3 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 169, a Orde do 14 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).
O 5 de novembro de 2024 publicouse no DOG número 213 a Resolución do 28 de outubro de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461H).
Unha vez rematado o prazo previsto na Resolución do 28 de novembro de 2024 para emendas e reclamacións, esta dirección xeral
RESOLVE:
Confirmar como definitivas as listaxes publicadas na Resolución do 28 de outubro de 2024.
A listaxe definitiva pode consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal
A listaxe definitiva de persoas excluídas no proceso de provisión por mobilidade, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Agasp, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Estrada, 13 de novembro de 2024
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega
de Seguridade Pública
ANEXO
Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade
nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 14 de agosto de 2024
|
NIF cifrado |
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
Causas exclusión |
|
***0315** |
Costa |
Alvariña |
Luis Miguel |
1 |
|
***6204** |
Fuentes |
Ferreiro |
Vicente |
1 |
|
Causas de exclusión |
|
|
1 |
Non acreditar ou non cumprir o establecido nos puntos: 2.2.a), b), c) e ou d) da convocatoria (certificado) nos corpos da Policía Local de Galicia. |
