Con data do 3 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 169, a Orde do 14 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).
Con data do 5 de novembro de 2024 publicáronse no DOG dúas resolucións con data do 25 de outubro de 2024 relacionadas con esta convocatoria:
• Unha pola que se declara a tramitación de urxencia.
• Outra pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna.
Esta última resolución concedía un prazo de cinco días hábiles para emendas ou rectificacións.
Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.4 da referida Orde do 14 de agosto de 2024, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 14 de agosto de 2024 (DOG núm. 169, do 3 de setembro), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.
A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) https://agasp.xunta.gal
A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp https://agasp.xunta.gal
A listaxe definitiva de persoas excluídas no proceso de acceso por promoción interna, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso por promoción interna, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 3 de decembro de 2024, na Academia Galega de Seguridade Pública, ás 11.00 horas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a dirección xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Estrada, 15 de novembro de 2024
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega
de Seguridade Pública
ANEXO
Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 14 de agosto de 2024
|
NIF cifrado |
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
Praza solicitada |
Causas exclusión |
|
***3956** |
Fernández |
Román |
Adrián |
Lugo |
1, 2 |
|
***3567** |
Rajoy |
Otero |
Roberto |
Lugo |
2 |
|
Causas de exclusión |
|
|
1 |
Non acreditar o pagamento da taxa no prazo |
|
2 |
Non acreditar ou non cumprir o establecido nos puntos: 2.1.g), 2.1.h) e/ou 2.1.i) da convocatoria (certificado) |
