Mediante a Resolución do 1 de xullo de 2024 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 127, do 2 de xullo).
No punto terceiro da resolución prevíase unha dotación orzamentaria para concesións na liña A de 10.000.000,00 € na partida 09.A1.741A.7700 para o presente ano 2024.
As axudas, acollidas ao réxime de minimis, teñen unha intensidade do 70 % da base subvencionable cun máximo de 300.000,00 €.
O peche do prazo de solicitudes foi o 31 de outubro e constan presentadas, para a liña A, 76. Tendo en conta o orzamento previsto, quedarían 13 solicitudes desta liña sen atender. A liña B xa foi totalmente resolta e quedou un remanente de 7.607.150,03 €.
A convocatoria establece que unha vez rematado o prazo de solicitudes, no caso de esgotamento do crédito dunha das liñas, poderá incrementarse co remanente da outra, se o houber, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.
Tendo en conta, ademais, que estas axudas se conceden sobre custos realizados ou que se van realizar en forma de pagamento anticipado ao 100 % e a xustificación ten que presentarse ata o 16 de decembro de 2024, polo que todo o crédito se utilizará dentro desta anualidade de 2024.
Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Amplíase o crédito da liña A en 2.000.000,00 € na anualidade 2024, procedente do remanente do crédito da liña B. O dito crédito está previsto no punto terceiro da Resolución do 1 de xullo de 2024, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas extraordinarias á industria da automoción en Galicia (DOG núm. 127, do 2 de xullo), e queda establecido do seguinte xeito:
|
Liña |
Partida orzamentaria |
Ano 2024 |
|
Liña A |
09.A1.741A.7700 |
12.000.000,00 € |
|
Liña B |
09.A1.741A.7700 |
6.000.000,00 € |
Segundo. Esta ampliación de crédito non supón a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024
Covadonga Toca Carús
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
