DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2024 Páx. 61758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 6 de novembro de 2024, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador do 3 de outubro de 2024 (expediente LU-S-130/2023).

Intentada a notificación á persoa interesada que se relaciona no anexo da resolución do procedemento sancionador no expediente LU-S-130/2023, non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo), no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Lugo, 6 de novembro de 2024

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-130/2023.

Denunciado: 20206139H.

Establecemento: Peregrinatio.

Enderezo: Deputación-Mercado Municipal, 2.

Localidade: Portomarín.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.b) e 43 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Cualificación: leve.

Iniciación: 10 de maio de 2024.

Sanción: multa de catrocentos euros (400 €).