Por Resolución reitoral do 9 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 18 de xaneiro de 2024 e Boletín Oficial del Estado do 29 de xaneiro de 2024) convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, prazas de persoal de administración e servizos funcionario e laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. Con data do 25 de outubro de 2024, modificada con data do 28 de outubro de 2024, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas correspondentes aos postos de PAS funcionario do subgrupo C2.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo correspondente ás prazas da escala auxiliar que, segundo a base 9.1, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 9 de xaneiro de 2024 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a elección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo a preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia» a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo
na escala auxiliar convocadas á elección de destino
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***5682** |
Losada Montero, Julia |
|
2 |
***2879** |
Rubinos Trasero, Verónica |
|
3 |
***6031** |
Cunqueiro Suárez, Ana María |
|
4 |
***2315** |
Varela Balay, Irwin |
|
5 |
***8169** |
Porto Leis, Berta |
|
6 |
***1505** |
Mato Ríos, José Antonio |
|
7 |
***6954** |
Martínez Rodríguez, Manuel |
|
8 |
***1120** |
Piñeiro González, Esther |
|
9 |
***3765** |
González Rodríguez, Sonia |
|
10 |
***7049** |
Rodríguez Gesto, Inés |
|
11 |
***9707** |
Álvarez Boga, Ana Belén |
|
12 |
***1958** |
Lodeiro Vales, María Teresa |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
|
|
PF000605 |
Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000606 |
Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000549 |
Posto base. Escola de Doutoramento Internacional da USC |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000587 |
Posto base. Área de Xestión da Investigación |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000629 |
Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Medicina e Odontoloxía |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000634 |
Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Química |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000694 |
Posto base. Xerencia |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Unidade de prestación de servizos: Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica |
|
PF000768 |
Posto base. Servizo de Xestión Académica |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000811 |
Posto base. Centro de Estudos Propios |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
|
PF000887 |
Posto base. Centro de Linguas Modernas |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Certificado negativo delitos sexuais |
|
PF000888 |
Posto base. Negociado CIQUS |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Comparte CITIUS |
|
PF000709 |
Posto base. Subárea de Contabilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
