Mediante a Resolución reitoral do 9 de xaneiro de 2024 (DOG do 18 de xaneiro de 2024 e BOE do 29 de xaneiro de 2024) convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, prazas de persoal de administración e servizos funcionario e laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. Con data do 25 de outubro de 2024, o tribunal publica a relación definitiva parcial de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas correspondentes aos postos de PAS funcionario do subgrupo A2.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo correspondente ás prazas da escala de xestión, subgrupo A2, que segundo a base 9.1, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 9 de xaneiro de 2024 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos provisionais, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos provisionais que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia» a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle en destino provisional un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo na escala de xestión, subgrupo A2, convocadas á elección de destino provisional
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***0620** |
Pérez Vázquez, Ana María |
|
2 |
***3115** |
Torreiro Taboada, Ana |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
|
|
PF000113 |
Responsable de Unidade. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Veterinaria |
24 |
A1/A2/C1 |
Mañá |
Lugo |
Subgrupo C1: Licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo |
|
PF000969 |
Técnico de Xestión. Área de Xestión de Investigación. |
21 |
A2 |
Mañá |
Compostela |
