DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2024 Páx. 61826

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre ou de estabilización convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

Unha vez rematados os procesos selectivos de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 18 de outubro de 2024 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, ás persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Niv.

Formación

1

***6578**

Velo Cid, Mónica

6

MAC030000115770016

Xefatura Sección Control Ambiental

MA

S. X. de Coordinación Ambiental

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

Santiago de Compostela

A1

25

Permiso conducir B

2

***3464**

Chantada Adán, Paula

8

MAC030000115770028

Xefatura Unidade Intervención Ambiental IV

MA

S. X. de Coordinación Ambiental

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

Santiago de Compostela

A1

25

Permiso conducir B

3

***8569**

Cerviño Álvarez, Raúl

4

MAC030040115001018

Titulado/a superior Laboratorio

MA

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña)

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

A Coruña

A1

22

4

***0734**

Cajaraville Leiro, Ana

2

IVE100000015770048

Posto base Subgrupo A1

MA

Dirección

Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

20

5

***0186**

Neira García, Iago

1

MRA113000315010018

Responsable técnico de Análises de bebidas

MR

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo- A Coruña)

Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal)

Abegondo

A1

25

6

***8081**

Gómez Ruiz, Alejandro

7

MRA113100332400011

Posto base Subgrupo A1

MR

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal)

Leiro

A1

20

7

***3233**

Roel Mosquera, Laura

9

MRA113100332400010

Posto base Subgrupo A1

MR

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal)

Leiro

A1

20