DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2024 Páx. 61937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de oficiais de primeira, mediante promoción interna, de persoal laboral, correspondente á oferta de emprego público do exercicio de 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 209, do 25 de outubro de 2024, publicáronse as bases xerais da convocatoria para a selección, mediante promoción interna, de dúas prazas de oficiais de primeira, como persoal laboral, incluída na oferta de emprego público do ano 2024, aprobada mediante Decreto da Alcaldía núm. 2024-0394, do 22 de agosto.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios municipal do Concello de Vila de Cruces-Pontevedra.

Vila de Cruces, 25 de outubro de 2024

Luís Celso Taboada Sánchez
Alcalde