DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de novembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2023-0017-L, devolta polo servizo de Correos.

Intentada sen efecto a práctica da notificación no domicilio da persoa destinataria que se relaciona no anexo, da resolución do conselleiro de Sanidade do 16 de setembro de 2024 sobre responsabilidade patrimonial, procédese á súa publicación de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que se comunica á persoa interesada para os efectos do disposto no artigo 46 da mesma lei para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza no lugar indicado no referido anexo para o coñecemento íntegro do acto.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao seu vencemento.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da devandita lei, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Igualmente poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: RP-2023-0017-L.

Reclamante: Y6354698L.

Último enderezo coñecido: rolda das Fontiñas, núm. 298, 1º C, 27002 Lugo.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 16 de setembro de 2024, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos sufridos como consecuencia da asistencia sanitaria prestada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.