DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador MON-LU-0110/2024-CFA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o/a interesado/a poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 13 de novembro de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0110/2024-CFA.

NIF interesado/a: 33320810C.

Acto notificado: proposta de resolución.