En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Barreiras e Cernadas.
Expediente: DH.A36.95599.
Volume total anual: 47.064,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,20 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: sete (7) mananciais e un (1) pozo M1 a M7, e P1.
M1 na parcela 557, polígono 8; M2 na parcela 202, polígono 8; M3, M4 e M5 na parcela 303, polígono 11.
M6 e M7 na parcela 254, polígono 11; P1 na parcela 261, polígono 8.
Todas do catastro de Soutomaior.
Lugar: As Barreiras e Cernadas.
Parroquia: Soutomaior.
Concello: Soutomaior.
Descrición:
A auga de M1 e M2 condúcese aos depósitos 1 e 2 na parcela 261, polígono 8 que recibe tamén o rebordo do depósito 3. A de M3 a M7 condúcese ao depósito 3 na parcela 49, polígono 11. Preténdese construír pozo barrena na parcela 261, polígono 8 e bombear a auga ao depósito 2. Dos depósitos parten as redes de distribución da auga cara ás vivendas que abastece a Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 14 de outubro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
