A Comisión de Selección, na reunión do 19 de novembro de 2024, acordou aprobar a baremación definitiva do concurso e publicar as puntuacións resultantes correspondentes ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nos grupos I, II e III da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) no portal web corporativo Inega (inega.gal), onde poderá consultarse.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024
Paula Oliete Trillo
Presidenta da Comisión de Selección
