Na sesión que tivo lugar o día 21 de novembro de 2024, o tribunal nomeado por Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia,
ACORDOU:
Convocar o día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), para a realización da proba física, de conformidade co disposto na base II.7.2 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), as persoas aspirantes da categoría profesional 38 do grupo I (técnico superior de defensa contra incendios forestais) do persoal laboral da Xunta de Galicia, en chamamento único segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
