DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62038

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución, do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución, do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1,

ACORDOU:

Primeiro. Nas sesións que tiveron lugar o 25 de outubro, o 4 de novembro e o 6 de novembro de 2024, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio do proceso selectivo realizado o 19 de outubro de 2024:

– Acceso libre: anular as preguntas 3 e 14 da parte xeral da primeira parte do primeiro exercicio; a 43, 45 e 64 da parte específica da primeira parte do primeiro exercicio, e a 82 e 87 da segunda parte do primeiro exercicio, así como a pregunta 107 de reserva. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas números 101, correspondente á parte xeral; as preguntas números 102, 103 e 104, respectivamente, correspondentes á parte específica, e as preguntas 106 e 108 correspondentes á segunda parte. Tendo en conta o número de preguntas anuladas, a corrección do exercicio farase sobre un total de 99 preguntas en lugar das 100 preguntas propostas.

Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 31, onde é correcta a alternativa a); na pregunta 65, onde é correcta a alternativa c), e na pregunta 67, onde é correcta a alternativa c).

Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

– Promoción interna: o tribunal procede a anular as seguintes preguntas: 28, 30 e 49 da parte específica da primeira parte do primeiro exercicio, e 67 e 72 da segunda parte do primeiro exercicio, así como a pregunta 91 de reserva. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas números 86, 87 e 88, respectivamente, correspondentes á parte específica, e polas preguntas 90 e 92 correspondentes á segunda parte.

Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 16, onde é correcta a alternativa a); na pregunta 50, onde é correcta a alternativa c), e na pregunta 52, onde é correcta a alternativa c).

Segundo. De conformidade cos criterios de corrección aprobados polo tribunal e coas bases da convocatoria, as regras de puntuación son as seguintes:

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

No acceso libre superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, é dicir, un total de 60 persoas, sempre que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas en cada unha das dúas partes, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, un mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

No acceso pola quenda de promoción interna superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumularán ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.

O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos.

Unha vez feita a corrección dos exames o día 12 de novembro de 2024 e cos límites fixados nas bases da convocatoria, acadaron a puntuación necesaria para superar o primeiro exercicio un total de dous aspirantes na quenda de promoción interna e 60 aspirantes na quenda libre, fíxase en 34 o corte para a quenda de promoción interna e de 52 na quenda libre, e acórdase publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Tanto na quenda de acceso libre como na quenda de promoción interna, na fase de corrección aplicouse a cláusula de subsidiariedade e rebaixouse ao mínimo do 40 % das respostas correctas en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2024

Ana P. Otero Ferreiro
Presidenta do tribunal