DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 11 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0024/2024 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 11 de novembro de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

ANP-PO-0024/2024

71926901J

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0040/2024

21115199A

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0041/2024

51413414L

Incoación

Polo director territorial

ILL-PO-0004/2024

53810210P

Proposta

Polo instrutor

ILL-PO-0005/2024

06016676Z

Proposta

Polo instrutor

ILL-PO-0012/2024

36164607M

Proposta

Polo instrutor

ILL-PO-0014/2024

36093104D

Proposta

Polo instrutor