De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de documentación nos expedientes indicados de axudas destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación dos sinais de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR853B).
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral de Medios, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito requirimento e a constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días a partir da data de notificación, segundo o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que emenden a falta ou acompañen os documentos preceptivos. No caso de non facelo no prazo indicado, entenderase que desisten da súa petición. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar a documentación contarase a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024
Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios
ANEXO
Procedemento: axudas destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación dos sinais de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR853B)
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
|
PR853B-2024-00000394-00 |
33195047K |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00000404-00 |
09963664H |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00000410-00 |
32599227Q |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00000673-00 |
33554332T |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00000903-00 |
34512517M |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00000932-00 |
77106512R |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00000933-00 |
76312179L |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00000986-00 |
33758308N |
Requirimento de documentación |
|
PR853B-2024-00001056-00 |
34605655Q |
Requirimento de documentación |
