Expediente: IN407A 2023/400-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: LMT, CT, e RBT Seiruga.
Concello: Malpica de Bergantiños.
Feitos:
1. O día 25 de setembro de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de mellorar a calidade de subministración no lugar de Seiruga, no concello de Malpica de Bergantiños, proxéctase a instalación dun centro de transformación de intemperie de 50 kVA de potencia, unha liña de media tensión aérea que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT CBA805, procedente da subestación Cabana, e saídas en baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión da zona.
Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:
• Proxecto de execución nomeado: LMT, CT e RBT Seiruga, asinado con data do 27 de febreiro de 2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con nº colexiado 2.980 de Vigo.
• Anexo 1, asinado o 25 de outubro de 2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con nº colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Acordo do 9 de novembro de 2023, publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
• DOG: 4 de xaneiro de 2024, co núm. 3.
• BOP: 15 de decembro de 2023, co núm. 238.
• Xornal La Voz de Galicia: 29 de novembro de 2023.
• Taboleiro de anuncios do Concello: solicitado o certificado de exposición pública ao Concello con data do 9 de novembro de 2023. Notificada a reiteración da solicitude de certificación o 15.10.2024, sen ter resposta por parte deste organismo.
3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado, ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, dunha separata do proxecto na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Norte)-Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Deputación da Coruña e Concello de Malpica de Bergantiños. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, isto é, a Deputación.
5. Consta no expediente o informe do Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos do 7.2.2024 no cal se indica que Á vista das características do proxecto presentado, da modificación dunha liña eléctrica xa existente, a pesar do cambio de trazado, non se trata da construción dunha nova liña, polo que non está recollido no anexo II, capítulo II, sección 2ª; grupo 4 b, do Real decreto 445/2023, do 13 de xuño.
6. O día 10.10.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están no lugar de Seiruga, no concello de Malpica de Bergantiños.
– LMTA a 20 kV, de 261 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 9OEWC6J9//54-20 existente da LMT CBA805, procedente da subestación Cabana, e remate no apoio do CTI proxectado.
– Instalación de seccionador tipo XS en apoio nº 1 (identificación en proxecto) proxectado.
– CT no lugar de Seiruga, de intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De conformidade con todo o sinalado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe, no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas adecuadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren adecuado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 31 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
LMT, CT e RBT Seiruga
Relación de bens e dereitos afectados - concello de Malpica de Bergantiños
|
Parcela proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (CT e/ou apoios) |
LMT aérea - voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecida |
15044A019008740000ED |
O Campelo |
7,13 |
50,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
2 |
María González Serantes |
15044A019008730000ER |
O Campelo |
3,80 |
109,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
3 |
Noemí Suárez Sánchez e Michel Peter Aldred |
15044A019008980000EF |
O Campelo |
15,0 |
Rústico. Agrario. Matogueira |
|||
|
4 |
Noemí Suárez Sánchez e Michel Peter Aldred |
15044A019014820000EQ |
O Campelo |
3,30 |
161,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
5 |
José Luciano Varela Lavandeira |
15044A019008680000EO |
O Campelo |
Apoio proxectado 1 |
2 |
28,30 |
356,0 |
Rústico. Agrario. Prados ou pradarías |
|
6 |
Descoñecida |
15044A019009000000EM |
O Campelo |
6,20 |
98,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño. Matogueira |
||
|
7 |
Alberto Pose Lema |
15044A019008700000EM |
O Campelo |
3,70 |
59,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
8 |
Herdeiras/os de Manuel Cousillas Doldán |
15044A019008710000EO |
O Campelo |
4,90 |
78,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
9 |
Manuel Cousillas |
15044A019008720000EK |
O Campelo |
5,90 |
95,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
10 |
José Ignacio Ordóñez Cousillas |
15044A019008590000EQ |
O Campelo |
Apoio proxectado 2 |
2 |
56,50 |
901,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
|
11 |
Alberto Pose Lema |
15044A019007160000EJ |
O Campelo |
68,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
|||
|
12 |
Manuel Martelo Souto |
15044A019007120000ER |
O Campelo |
45,50 |
681,0 |
Rústico. Agrario. Prados ou pradarías |
||
|
13 |
María Cancela Doldán e María del Carmen Veiga Cancela |
15044A019007110000EK |
O Campelo |
11,80 |
170,0 |
Rústico. Agrario. Prados ou pradarías |
||
|
14 |
José Ignacio Ordóñez Cousillas |
15044A019006390000ET |
O Campelo |
31,30 |
504,0 |
Rústico. Agrario. Prados ou pradarías |
||
|
15 |
Modesto Pose Martelo |
15044A019006400000EP |
O Campelo |
27,10 |
314,0 |
Rústico. Agrario. Prados ou pradarías |
||
|
16 |
Herdeiras/os de José Novo Souto |
15044A019006350000EG |
O Campelo |
54,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
|||
|
17 |
Gloria Pose Mesura e José Antonio Pose Mesura |
15044A019006470000ER |
O Campelo |
17,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
|||
|
18 |
Herdeiras/os de Dolores Aldao Varela |
15044A019006460000EK |
O Campelo |
1,50 |
67,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
19 |
Gerardo Castro Rey |
15044A019006450000EO |
O Campelo |
4,0 |
39,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
20 |
Manuel Suárez Varela |
15044A019006440000EM |
O Campelo |
7,20 |
89,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
21 |
María Pose Cousillas |
15044A019006410000EL |
O Campelo |
Apoio proxectado 3 (CTI) |
2 |
3,30 |
31,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m².
