DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de operario/a de servizos múltiples correspondente á oferta de emprego público de 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 18 de novembro de 2024, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de operario/a de servizos múltiples, pertencente á oferta de emprego público de 2022, en réxime de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).

Bóveda, 20 de novembro de 2024

José Manuel Arias López
Alcalde