No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 212, do 4 de novembro de 2024, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria do proceso selectivo correspondente a unha praza de operario/a de obras e servizos, incluída na oferta de emprego público deste concello para o ano 2024, aprobada pola Resolución da Alcaldía 520/2024, do 20 de xuño de 2024.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Ponteceso, 5 de novembro de 2024
José Manuel Martínez Mato
Alcalde
