DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO do proceso selectivo da praza de operario de mantemento electromecánico correspondente á oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 257, do 7 de novembro de 2024, publicáronse integramente as bases para a provisión, con persoal funcionario de carreira, dunha praza de operario de mantemento electromecánico, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 7 de novembro de 2024

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde