DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62054

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461J).

Con data do 30 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 188 a Orde do 19 de setembro de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (códigos de procedemento PR461F e PR461J).

Con data do 15 de outubro de 2024, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes (do 16 de octubre de 2024 ao 13 de novembro de 2024, ambos incluídos).

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 19 de setembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade convocado pola Orde do 19 de setembro de 2024 (DOG número 188, do 30 de setembro).

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal

Non figura ningunha persoa como excluída.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria e a Resolución do 18 de novembro, do director xeral da Agasp, pola que se declara a tramitación de urxencia, as persoas aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para:

• Reclamar por non figurar na relación de admitidos nin na de excluídos.

A listaxe publicada na páxina web da Agasp será a considerada válida.

A Estrada, 18 de novembro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública