Con data do 30 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 188 a Orde do 19 de setembro de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (códigos de procedemento PR461F e PR461J).
Con data do 15 de outubro de 2024, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes (do 16 de octubre de 2024 ao 13 de novembro de 2024, ambos incluídos).
Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 19 de setembro, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 19 de setembro de 2024 (DOG número 188, do 30 de setembro), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.
A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal
A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp http://agasp.xunta.gal
A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de acceso por promoción interna, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria e a Resolución do 18 de novembro do director xeral da Agasp, pola que se declara a tramitación de urxencia, as persoas aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para:
• Emendar o defecto que motivou a súa exclusión.
• Emendar a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.
• Reclamar por non figurar na relación de admitidos nin na de excluídos.
• Solicitar o cambio do idioma elixido para a realización da primeira proba de coñecementos tipo test.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.
As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.
A Estrada, 18 de novembro de 2024
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de acceso por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector convocado pola Orde do 19 de setembro de 2024
|
NIF cifrado |
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
Praza solicitada |
Causas da exclusión |
|
***7494** |
Salgado |
González |
María Teresa |
Vigo |
1 |
|
Causas de exclusión: |
|
|
1 |
Non acreditar ou non cumprir o establecido nos puntos: 2.1.g), 2.1.h) e/ou 2.1.i) da convocatoria (certificado) |
