Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles, ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo do que dispoñen as persoas interesadas do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar as persoas solicitantes, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
Lugo, 8 de novembro de 2024
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
DNI/ NIE/Pasaporte |
|
PR204A 2024/3847-2 |
23943370W |
|
PR204A 2024/4193-2 |
76581448G |
|
PR204A 2024/4236-2 |
35656503V |
|
PR204A 2024/4256-2 |
75777958L |
|
PR204A 2024/4271-2 |
35697845M |
|
PR204A 2024/4280-2 |
47487076B |
|
PR204A 2024/4305-2 |
76580244L |
|
PR204A 2024/4324-2 |
34278798N |
|
PR204A 2024/4338-2 |
33335956D |
|
PR204A 2024/4669-2 |
33548219M |
|
PR204A 2024/4670-2 |
33548219M |
