DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62239

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 26 de novembro de 2021.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 26 de novembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 14 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo catro prazas vacantes na categoría de técnico especialista de tecnoloxías da información e comunicación, unha pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo, na categoría profesional de técnico especialista en tecnoloxías da información e comunicación, as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes que comezará a computar o 9 de decembro de 2024.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte á data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Posto adxudicado

Quenda

Campus

1

***1263**

Lata Fernández, Jacobo

PL000286

Técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións. Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

Mañá

Santiago de Compostela

2

***8040**

Valtuille Pérez, Félix

PL000262

Técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións. Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

Mañá

Santiago de Compostela

3

***7765**

Outeiral Barbazán, Agustín

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público