DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62237

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2024, pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2024 (DOG do 1 de xullo e BOE do 1 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir vinte e cinco prazas na escala auxiliar (subgrupo C2) da USC, pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexta. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente:

– Félix Navaza Aller, funcionario de carreira da escala de xestión da USC.

Vogais:

– Carmen Ríos López, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC.

– Javier López Gómez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC.

– Alberto Fernández Cortizas, funcionario de carreira da escala auxiliar da USC.

Secretaria:

– Lucía Vázquez Salgado, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Javier Piñeiro Quintela, funcionario de carreira da escala de xestión da USC.

Vogais:

– Lourdes Calvo Vieito, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC.

– María del Carmen Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC.

– José Manuel Iglesias Maseda, funcionario de carreira da escala administrativa da USC.

Secretario:

– Ramón Valiño Lemos, funcionario de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela