DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62178

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 19 de novembro de 2024 pola que se dispón o cesamento dun membro do Consello Social da Universidade da Coruña.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros, das cales seis serán designadas polo Parlamento de Galicia. No seu artigo 79 regula o seu cesamento e substitución.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

O cesamento, por renuncia, de Ana Fernández Roca como representante do Parlamento de Galicia no Consello Social da Universidade da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional