DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2024/106 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: adecuación LMTA PRS802 entre os apoios núm. 75-1 e núm. 75-1-9 (Pantón).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios núm. 75-1-1, 75-1-2, 75-1-3 e 75-1-4 da LMTA PRS802 a CT 27C008 por catro apoios de celosía metálica e cambio do condutor LA-30 existente por LA-56 entre o apoio núm. 75-1 existente e o núm. 75-1-3 proxectado, cunha lonxitude de 351 m. Retensado do condutor existente de tipo LA-30 entre o apoio núm. 75-1-3 proxectado e o apoio núm. 75-1-9 existente.

– Desmontaxe do apoio de formigón núm. 75 da LMTA PRS802 a CT 27A021 e do tramo da liña existente entre este apoio e o núm. 75-1 existente.

– Cambio do condutor LA-30 existente por LA-56 entre o apoio proxectado núm. 75-1-2 e o CT 27AC97, cunha lonxitude de 14 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla, 70), no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (Rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Pantón. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/panton5

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 4 de novembro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación LMTA PRS802
entre os apoios núm. 75-1 e núm. 75-1-9 (Pantón)

Concello: Pantón (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/106-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio
(nº)

Apoio
(m2)

Sup. (m2)

Voo
(lonx.)

Voo
(sup. m2)

1

56

202

Agra dos Condes

Prado

Otilia González Fontaíña

75

1

2

2

56

192

Agra dos Condes

Monte alto

Descoñecido

75-1-1

1

2