Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: regulamentación LMTA CHA813 no tramo entre o apoio núm. 69-100 e o CT 27C059 (Taboada).
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
– Reforma da LMTA CHA813 a 20 kV, no tramo comprendido entre o apoio núm. 69-100 e o CT27C059 Xián, substituíndo os apoios de madeira existentes por nove apoios de celosía metálica e o condutor LA-30 existente por LA-56, cunha lonxitude de 1.547 m. Instalación dun seccionador de tipo XS sobre o apoio proxectado núm. 69-100-21.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (Ronda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Taboada. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/taboada
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño)
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 4 de novembro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LMTA CHA813
no tramo entre o apoio núm. 69-100 e o CT 27C059 (Taboada)
Concello: Taboada (Lugo).
Expediente: IN407A 2024/75-2.
|
Nº de predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Apoio |
Apoio |
Sup. |
Voo |
Voo |
|
19 |
135 |
153 |
Leira de Modesta |
Monte alto |
Descoñecido |
11 |
176 |
|||
|
23 |
135 |
329 |
Perna Branca |
Monte alto |
Descoñecido |
15 |
238 |
