DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente 2024/17 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: cambio de sección en LMTA CHA815 entre os apoios núm. D14 e núm. 54 (Chantada)

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Modificación da liña de alta tensión aérea LMTA CHA815 a 20 kV, no tramo comprendido entre o apoio núm. D14 e o apoio núm. 54, coa substitución de 28 apoios de formigón existentes por outros de celosía metálica. Substitución do condutor tipo LA-56 existente por un novo condutor tipo LA-110 sobre os apoios proxectados, cunha lonxitude de 4.128 m.

– Substitución do condutor tipo LA-30 existente por un novo condutor tipo LA-56 entre o apoio núm. 39 proxectado da LMTA CHA815 e o apoio núm. 39-CT, cunha lonxitude de 51 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Chantada. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/chantada2

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 4 de novembro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artículo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de cambio de sección en LMTA CHA815
entre os apoios núm. D14 e núm. 54 (Chantada)

Concello: Chantada (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/17-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio
(nº)

Apoio
(m2)

Sup. (m2)

Voo
(lonx.)

Voo
(sup. m2)

7

42

143

Regueiro

Prado

Bispado de Lugo

24, 25

2

4

8

42

101

Lama Damedo

Labor

José Luis Areán Fernández e irmá

26

1

2

9

42

43

Cabanas

Labor

María Areán Fernández e esposo

29, 30

2

4

10

42

44

Cabanas

Labor

María Areán Fernández e esposo

31

1

2

14

40

315

Gandariña

Prado

Santiago Luis Negral González

37

1

2

15

40

203

Folladas

Prado

Antonio Barredo Otero e esposa

38, 39

2

4

33

521

16

40

316

Porto

Prado

Antonio Barredo Otero e esposa

13

164

18

39

122

Rizola

Prado

Herdeiros de Avelino Moure Regal

42, 43, 44

½+½+1

4

18/1

39

123

Rizola

Prado

María Luisa Méndez Ferreirós

42

½

1

18/2

39

124

Rizola

Prado

Javier Taboada Rodríguez

43

½

1