Expediente: IN407A 2024/121-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: soterramento LMT CDR809 entre O Ariño e O Rodo (618323029008).
Concello: Valdoviño.
1. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar do Rodo, no concello de Valdoviño.
Soterramento de varios tramos da liña de media tensión aérea (LMTA) CDR803, de 20 kV, en LA 56, que implica as seguintes actuacións:
– Instalación dun centro de transformación (CT) prefabricado de superficie, manobra exterior, configuración de celas 2L+1P, de 250 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV, debido á retirada do CT intemperie Marnela-praia (expediente IN407A 2016/729) como consecuencia da retirada da LMTA.
– Substitución dun tramo da LMTA CDR803, de 20 kV, condutor LA-110, de 178 m de lonxitude, entre o paso de aéreo a soterrado (PAS) en apoio proxectado e final en apoio existente HV-1000-15, matrícula ATHRD6RW//67.
– Novo tramo de liña de media tensión soterrada (LMTS) pertencente á CDR 803 de 20 kV, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, de 465 m de lonxitude, coa orixe na cela do CT Ariño (15CHXC) existente e final en empalme proxectado.
– Novo tramo da LMTS pertencente á CDR 803 de 20 kV, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, de 374 m de lonxitude, coa orixe no empalme proxectado e final en PAS proxectado en apoio proxectado, despois de facer entrada e saída no novo CT proxectado.
– Desmantelamento do CT Marnela-praia 15 AU85 (expediente IN407A 2016/729-1).
– Desmantelamento dos dous tramos de LMTA que se vai soterrar.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outobro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 8 de novembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente IN407A 2024/121-1
Soterramento LMT CDR809 entre O Ariño e O Rodo (618323029008)
Relación de bens e dereitos afectados, concello de Valdoviño
|
Predio do proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
1 |
María Susana Pita Rodríguez |
15088A033006580000HS |
Leas |
Apoio |
14,32 |
Rústico |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
