DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2024/119-4).

Expediente: IN407A 2024/119-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de dous apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 no Pazo.

Concello: As Neves.

Feitos:

1. O 16.3.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada instalación de dous apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 no Pazo.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no cal figura un orzamento total de 7.624,31 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións na liña de media tensión aérea (LMTA) SAL8045109, no lugar do Pazo, na parroquia de Tortoreos, no concello das Neves:

Instalación de dous apoios do tipo C-1000/14 no tramo SAL8045109. O primeiro apoio irá ente os apoios ADLFD1UU e ADQEH3NI e o segundo entre os apoios ADTMH67D e ADXAON08. Retensaranse os vans contiguos aos apoios proxectados.

Desde un dos apoios proxectados desmóntanse 89 metros de condutor LA-110 e vólvese tender un novo condutor LA-110, de 85 metros, ata o apoio ADQEH3NI.

Desde o apoio ADTMH67D desmóntanse 116 metros de condutor LA-110 e vólvese tender un novo condutor LA-110, de 114 metros, ata un dos apoios proxectados.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello das Neves, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio Zona Franca de Vigo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello das Neves e polo IGVS.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 8.4.2024, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 3.5.2024.

Xornal Faro de Vigo: 26.4.2024.

Taboleiro de anuncios do Concello das Neves desde o 19.4.2024 ata o 5.6.2024, segundo o certificado emitido polo propio Concello.

Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Instalación de dous apoios C-1000/14 na LMTA SAL804, tramo SAL8045109.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, en dúas actuacións. A primeira é de 85 metros, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 (1), situado na parcela 723, polígono 23, en Barreiro; e final no apoio existente HVH-3500/13 (ADQEH3NI) da LMTA SAL8045109. A segunda é de 114 metros, con orixe no apoio existente HVH-4500/13 (ADTMH67D) da LMTA SAL8045109; e final no apoio proxectado C-1000/14 (2), situado na parcela 189, polígono 24, en Trancosa.

A instalación está situada no Pazo, na parroquia de Tortoreos, no concello das Neves (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Instalación de dous apoios C-1000/14 na LMTA SAL804 no Pazo (expediente IN407A 2024/119-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 29 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, Concello das Neves

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

m2

2

Trancosa

Rústico

36034A024001890000HI

Descoñecido/a

2

1,44