DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62328

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras para a provisión, mediante libre designación, de diversos postos recollidos na vixente relación de postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, do día 28 de outubro de 2024, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras para a provisión, mediante libre designación, dos postos de director/a da Área de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios, e de director/a da Área de Transparencia e Goberno Aberto, recollidos na vixente relación de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense.

Os postos que se convocan son os seguintes:

– Un (1) posto de director/a da Área de Transparencia e Goberno Aberto (Área de Transparencia e Goberno Aberto).

– Un (1) posto de director/a da Área de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios (Área de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios).

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio da convocatoria, no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria e que estará dispoñible na páxina web www.depourense.es na sección de ofertas de emprego. As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en Materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, solicítase que se envíe a copia da instancia ao enderezo electrónico: persoal@depourense.es

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica da Deputación Provincial, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Ourense, 28 de outubro de 2024

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense