Mediante os decretos da Concellería de Medio Ambiente e Axenda 2030, con data do 28 de agosto de 2024, acórdase ordenar a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria, da limpeza de parcelas consistente na xestión da biomasa da parcela referida no cadro achegado.
De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto 1º deste artigo, ou ben tentada a notificación, non se puido practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado; poñendo en coñecemento eldo interesado que o contido íntegro do mencionado decreto se atopa á súa disposición no departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación enténdese producida, e o interesado pode interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, o recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolvido e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer un recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.
Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.
| Nº de expediente | Nome/DNI/CIF | Referencia catastral | 
| 1333/2023 | Celso Núñez Pazos | 36054A053000630000EO | 
Tomiño, 31 de outubro de 2024
O alcalde
P.D. (21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030

