DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2024 Páx. 62326

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva de cambio de sistema de polígono de solo urbano non consolidado do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (expediente 2023/U032/000002).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de outubro de 2024, acordou aprobar definitivamente o cambio de sistema de compensación a cooperación da unidade de actuación do polígono de solo urbano non consolidado UU-R17 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Carballo, segundo os informes que constan no expediente.

Faise público este acordo, ao abeiro do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do Regulamento desta lei (Decreto 143/2016, do 22 de setembro).

Carballo, 30 de outubro de 2024

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde