Mediante o Acordo do Pleno corporativo do Concello de Burela, do 6 de novembro de 2024, aprobouse de forma definitiva o proxecto de expropiación de solo dotacional, por procedemento de taxación conxunta, integrado polos seguintes bens:
|
Ben |
Referencia catastral |
Superficie afectada (m²) |
Superficie que se expropiará (m²) |
Tipo de afección |
|
1 |
2647102PJ3324N0001GR 2647102PJ3324N0000FE |
4.908,00 |
4.854,00 |
Parcial |
|
Total |
4.908,00 |
4.854,00 |
||
O proxecto de expropiación foi redactado pola arquitecta técnica municipal con data de maio de 2022, foi obxecto de emenda en setembro do mesmo ano e é comprensivo dos criterios de valoración, así como das correspondentes follas de valoración.
O conxunto de propietarios de bens, dereitos ou intereses lexítimos terá un prazo de 20 días contados, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio para manifestaren a súa desconformidade ou conformidade coa valoración do expediente aprobado.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o acorda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo con sede en Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Burela, 20 de novembro de 2024
María del Carmen López Moreno
Alcaldesa
