De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 14 de novembro de 2024 do proxecto da rolda sur-oeste de Ordes, N-550-AC-413 (AC/21/079.01), no concello de Ordes (A Coruña), promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
