Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio A1N09JMV//12 e instalación dun telecontrolador na LMTA LOZ803B, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 12 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/395-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do apoio A1N09JMV//12 e instalación dun telecontrolador na LMTA LOZ803B.
Concello: Poio.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36041A043001970000OK |
Augas de Trigo |
Descoñecido |
17 de xaneiro de 2025 |
12.00 |
