DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2024/44-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 14 de outubro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado instalación de novo CT, novo treito de LSMT e reordenación da LBT procedente do CT 15CPW6, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2024/44-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución, ou interpor calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 13 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Valdoviño, A Coruña

Expediente: IN407A 2024/44-1.

Instalación de novo CT, novo treito de LSMT e reordenación da LBT procedente do CT 15CPW6.

Predio do proxecto

Persoa
propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio número

Superficie

(m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Descoñecida/o

15088A046013380000HY

Redondo

Centro de transformación e aceso

31,9

Rústico. Agrario. Labradío

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.