DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade FP Arquitectura, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta secretaría xeral, o 26 de outubro de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade FP Arquitectura, S. Coop. Galega, acordada na reunión da Asemblea Xeral do 30 de xuño de 2024. O seu novo domicilio social é rúa Pi y Margall, número 60, código postal 36202, no concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social