Pola Resolución da Alcaldía núm. 2022011931, do 27 de decembro de 2022, aprobáronse as bases reguladoras dos procesos selectivos, mediante concurso, para a execución da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de emprego temporal 2022 do Concello de Ourense.
A citada convocatoria publicouse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 299, do 31 de decembro de 2022, e foi modificada polo Decreto da Alcaldía publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 116, do 23 de maio de 2023, e polo Decreto da Alcaldía publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 223, do 19 de novembro de 2024.
As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense na seguinte ligazón: https://ourense.gal/gl/servizos/recursos-humanos
As solicitudes dirixiranse ao alcalde do Concello de Ourense, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 22 de novembro de 2024
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
