DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62530

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público extraordinaria para estabilización do persoal temporal.

Polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 27 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público extraordinaria para estabilización do persoal temporal do Concello de Ourense. O citado acordo publicouse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 123, do 31 de maio de 2022, e no Diario Oficial de Galicia núm. 127, do 5 de xullo.

Posteriormente, este acordo foi modificado polos seguintes acordos da Xunta de Goberno local das seguintes datas:

– 20 de outubro de 2022 (por corrección de erros), e 27 de outubro de 2022
(por estimación parcial dun recurso de reposición), publicados no BOP núm. 265, do 19 de novembro.

– 3 e 4 de outubro de 2024 (por modificación parcial da OEP), publicado no Boletín Oficial da provincia núm. 208, do 25 de outubro.

– 8 de novembro de 2024 (de estimación dun recurso de reposición e de corrección de erros da mesma data) e 13 de novembro de 2024 (por aclaración do carácter fixo das prazas de persoal laboral que se convocan e de corrección de erros na categoría dunha praza), ambas as modificacións publicadas no Boletín Oficial da provincia núm. 226, do 22 de novembro.

A oferta de emprego pública completa pode consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense na seguinte ligazón: https://ourense.gal/gl/servizos/recursos-humanos

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda, publicaranse na sede electrónica do Concello de Ourense.

Ourense, 22 de novembro de 2024

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente