En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 144.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar unha modificación de concesión de augas, iniciada de oficio por este servizo territorial, coas seguintes características:
Solicitante: Comunidade de usuarios O Renque.
DNI: ****7278*.
Expediente: DH.A15.20653.
Volume total anual: 4.224,60 m3/ano.
Destino: uso doméstico e gandeiro.
Orixe: x=551.009; y=4.743.757; (ETRS89, fuso29).
Lugar: Quintás.
Parroquia: Prevediños (Santiago).
Concello: Touro.
Descrición da modificación:
Por causa da resolución do recurso de alzada emitida o 11.4.2024, tramítase a modificación das características da concesión, incrementando o volume máximo anual, para os efectos de garantir que o caudal obxecto da concesión non se vexa afectado polo dereito privado recoñecido a Enrique Farto Sánchez, en virtude de sentenza xudicial.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
