DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de novembro de 2024 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0371-2024.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 28 de outubro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística por obras realizadas en solo rústico (expediente PO-0371-2024).

Ao ser/en o/os interesado/s, descoñecido/s, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase, para xeral coñecemento, o dito acordo de incoación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle/s saber ao interesado ou interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa Os Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado ou interesados disporá/n dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentaren os documentos e xustificacións que considere/n pertinentes e, se é o caso, propor/en proba concretando os medios de que pretenda/n valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación ao interesado ou interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística