Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG), nas rutas de acceso polo oeste á cidade de Pontevedra, de clave PO/22/060.06, nos concellos do Grove, Sanxenxo, Meis e Cambados.
As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 11 de novembro de 2024
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
|
10 |
36028A316001820000II |
Descoñecido/a |
|
11 |
36028C515016130000FM |
Sabarís Beloso, María Lourdes |
|
18 |
36006A031012510000OM |
Lobato, Ramiro |
