A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de outubro de 2024, resolución de recurso potestativo de reposición recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/19/2020-RP1.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ás persoas herdeiras da interesada con DNI 34390985M e á persoa interesada con DNI 34959309E, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderanse producida.
Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
