DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 62898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de novembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Cedeira (expediente DH.W15.89863).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: José Manuel López Pérez.

DNI: ***9285**.

Expediente: DH.W15.89863.

Lugar: O Peneiro.

Parroquia: Piñeiro (San Cosme).

Concello: Cedeira (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Construción dunha vivenda de nova planta, peche de parcela e piscina na parcela do polígono 503, parcela 393.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 6 de novembro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Norte