DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 62895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2024 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, de actuacións contratadas.

Augas de Galicia leva tramitado desde o ano 2019 distintos contratos que teñen encaixe no programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico: apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; criterio para a selección da operación: axudas ás entidades locais para o investimento en materia de abastecemento, saneamento e depuración; campo de intervención: xestión da auga e conservación da auga potable (incluíndo a xestión das bacías fluviais, subministración de auga, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, medición por zona e consumidor, sistemas de tarifación e redución de escapes); liña de actuación: mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento e depuración e dos sistemas de abastecemento de auga.

En cumprimento da obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos fondos europeos, recollida na normativa da Unión Europea reguladora deles,

RESOLVO:

Facer público o financiamento con fondos europeos dos contratos que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Contratos tramitados por Augas de Galicia financiados ao 100 % do custo elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020,
como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

Operación

Nome da operación

Fondos europeos

Entidade local

656-2023000039

Mellora das instalacións de abastecemento municipal de Sober. Sober (Lugo)

37.800,57

Concello de Sober

656-2023000035

Sistema de depuración na contorna da Casa do Baño. Bande (Ourense)

47.748,54

Concello de Bande

656-2023000033

Rede de saneamento nos núcleos de Coto e Valeixe. Crecente (Pontevedra)

52.448,84

Concello de Crecente

656-2023000012

Mellora do abastecemento nos núcleos de Lameiro, Perdigón, Pazo e Penagrande. Crecente (Pontevedra)

52.284,76

Concello de Crecente

656-2023000031

Reparación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ponte Chaín - A Estación. Portas (Pontevedra)

38.430,29

Concello de Portas

656-2023000027

Dotación de rede de saneamento en Gurís. Trazo (A Coruña)

48.339,50

Concello de Trazo

656-2023000026

Actuacións de mellora das instalacións do aliviadoiro da presa do Con. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

25.833,50

Concello de Vilagarcía de Arousa

656-2023000022

Reparación de depósitos de auga potable para o abastecemento dos núcleos de Castromao e Edreira, e saneamento en Castromarigo e Espiño. A Veiga (Ourense)

52.265,25

Concello da Veiga

656-2023000016

Obras de mellora do saneamento en Lousada. Mondoñedo (Lugo)

7.346,78

Concello de Mondoñedo

656-2023000038

Ampliación da rede de saneamento na Gradeira. Toén (Ourense)

49.700,36

Concello de Toén

656-2023000037

Reparación de bomba en Regueiro Trancoso. Riós (Ourense)

15.895,81

Concello de Riós

656-2023000036

Mellora da estación de bombeo de auga para abastecemento de Oímbra. Oímbra (Ourense)

57.771,45

Concello de Oímbra

656-2023000034

Segunda fase da rede de saneamento na parroquia de Bóveda. Begonte (Lugo)

48.388,31

Concello de Begonte

656-2023000032

Construción de ramais de saneamento en Albarellos e Vilaza. Monterrei (Ourense)

52.016,69

Concello de Monterrei

656-2023000030

Renovación do abastecemento en Názara. Cenlle (Ourense)

47.263,35

Concello de Cenlle

656-2023000028

Abastecemento aos núcleos de Serantes, Sa e Paredes desde o depósito de Lebosende. Leiro (Ourense)

54.883,24

Concello de Leiro

656-2023000025

Mellora da rede de abastecemento na Bouza-As Bouzas, Pousadoiro, Astariz e Ramiras. Castrelo de Miño (Ourense)

43.898,60

Concello de Castrelo de Miño

656-2023000024

Medidas correctoras na rede de saneamento da bacía da estación bombeo de augas residuais (EBAR) Carracido. Valga (Pontevedra)

49.941,49

Concello de Valga

656-2023000023

Adecuación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) para o abastecemento ao concello de Larouco (Ourense)

53.512,24

Concello de Larouco

656-2023000021

Mellora do abastecemento no concello de Vilar de Barrio (Ourense)

53.388,12

Concello de Vilar de Barrio

656-2023000018

Acondicionamento de captación en Santigoso. O Barco de Valdeorras (Ourense)

36.281,25

Concello do Barco de Valdeorras

656-2023000015

Mellora do bombeo en baixa á estación de tratamento de auga potable de Cardeita e do bombeo en alta ao depósito de distribución en Novaíño. Sandiás (Ourense)

49.599,72

Concello de Sandiás

656-2023000011

Instalación de estrutura e bomba dosificadora na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Paradivas. Caldas de Reis (Pontevedra)

5.801,35

Concello de Caldas de Reis

656-2023000009

Obra de renovación da cuberta do edificio industrial da estación depuradora de aguas residuais (EDAR) de Tomiño. Tomiño (Pontevedra)

52.097,02

Concello de Tomiño

656-2023000029

Depósito de abastecemento na Venda e conexión da rede de abastecemento en Nigueiroá. Rairiz de Veiga (Ourense)

53.675,53

Concello de Rairiz de Veiga

656-2023000008

Mellora do abastecemento de augas ao núcleo da Madanela. Monterrei (Ourense)

49.145,78

Concello de Monterrei

656-2023000020

Bombeo de augas residuais nas Quintas, A Gradeira. Toén (Ourense)

41.446,32

Concello de Toén

656-2023000006

Construción dun sistema de depuración no núcleo de Feá. Toén (Ourense)

39.927,89

Concello de Toén

656-2023000017

Mellora da rede de abastecemento no núcleo de Guimarás. Esgos (Ourense)

52.811,07

Concello de Esgos

656-2023000019

Mellora na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Quiroga. Quiroga (Lugo)

30.104,71

Concello de Quiroga

656-2023000007

Impermeabilización de depósitos e mellora no control de calidade da auga no concello de Arbo (Pontevedra)

48.464,84

Concello de Arbo

656-2023000010

Medidas correctoras na rede de saneamento confluente na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Valga (fase I). Valga (Pontevedra)

48.872,46

Concello de Valga

656-2023000014

Ampliación da rede de saneamento en Lobios. Lobios (Ourense)

34.870,51

Concello de Lobios

656-2023000013

Execución de saneamento e abastecemento na estrada AC-116 p.q. 7+120 A 8+880. Valdoviño (A Coruña)

52.937,50

Concello de Valdoviño