Unha vez rematados os procesos selectivos de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 5 de novembro de 2024 (DOG núm. 217, do 11 de novembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
***3758** |
Graña Suárez, Manuel |
4 |
EIC991000036001026 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EI |
Xefatura Territorial Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
A1 |
26 |
|
2 |
***3769** |
Fernández Parajes, Lourdes |
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
||||||||
|
3 |
***9033** |
Aymerich Rico, Ana María |
6 |
EIC030000115770012 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EI |
S. X. de Proxectos |
Secretaría Xeral de Industria |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
4 |
***3848** |
Baqueiro Alfonso, Alejandro Antón |
1 |
EIC040000015770015 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EI |
D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
5 |
***1481** |
Sánchez Naveira, Francisco Javier |
2 |
EIC030000215770004 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EI |
S. X. de Administración Industrial |
Secretaría Xeral de Industria |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
6 |
***2826** |
Fernández Rancaño, Maria Victoria |
7 |
EIC040000015770034 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
EI |
D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
7 |
***6728** |
Arias Gil, Magaly |
9 |
EIA110000215770027 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
ED |
Área de Programas |
Axencia Galega de Innovación (Gain) |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
8 |
***7091** |
Elías Santos, María Jesús |
5 |
IVA100000015770024 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
IV |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
9 |
***5005** |
Rico Varela, Luis Alfonso |
8 |
PXA110000615770011 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
FC |
Área da Sociedade Dixital |
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
